O Campus Industrial de Ferrol acolle mañá a súa primeira xornada sobre o téxtil

O vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia, Salvador Naya, a directora do Campus Industrial de Ferrol, Ana Ares, o presidente de COINTEGA, José Antonio Conde, e a responsable de Innovación en Texfor, Anna Ribé, inauguran mañá, venres 29 de abril, ás 09:30 horas, as I Xornadas do Téxtil do Campus Industrial de Ferrol nas que colaboraron activamente a Confederación de Industrias Téxtiles de Galicia (COINTEGA) e a Confederación Industria Téxtil (Texfor).


Ás 09:45 horas dará comezo a primeira das mesas redondas titulada “Exemplos de éxito empresarial” na que intervirán o fundador de elPulpo, José Antonio Chacón, a directora de Deseño e Fabricación en JEVASO, María Vázquez Mosteiro, e a responsable de Dirección de Arte en Bran Serigrafic, Luisa Candal. A segunda mesa redonda, titulada “Cadea de Subministración”, empezará ás 11:00 horas e contará coa participación do responsable da Dirección de Innovación en Selmark, Diego Piñeiro, do fundador e CEO de BIONIX Supply Chain Techonologies, Jacobo Penide, e do responsable de Sustainability & Supply Chain Manager en Kusilas, Carlos Sánchez. Ambas as dúas mesas serán moderadas polo secretario xeral de COINTEGA, Alberto Rocha.

A moda sostible será a protagonista da terceira mesa redonda. Ás 12:30 horas intervirán o CEO de Augusto Bellini, Pepe Costa, o xerente de Insertega, Juan Meijide, o coordinador xeral da Fundación Taller de Solidaridad, Rafael Veiga, e o director de Marca en Ecolife by Belda Llorens. A fundadora de Nuria Neira Consulting, Nuria Neira, exercerá como moderadora.

Ás 13:45 horas intervirá a responsable de Innovación en Texfor, Anna Ribé, quen afondará, entre outros asuntos, no programa European Smart Textiles Accelerator (SMARTX) que ten por obxectivo impulsar a innovación de téxtiles intelixentes para desenvolver unha cadea de valor de fabricación de extremo a extremo en Europa que axude á creación de prototipos de xeito rápido e a prezos razoables. Por último, ás 14:15 horas, a directora do Campus Industrial de Ferrol, Ana Ares, aproveitará a súa intervención para afondar nas potencialidades do que é o primeiro campus acreditado do Sistema Universitario Galego.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.