O Campus Industrial de Ferrol acolle xoves e venres o hackathon Navantia Next Pioneers no que participan preto de 50 estudantes de Deseño Industrial

Un reto real do sector naval e 24 horas para atopar unha solución única. Este é o desafío ao que se enfrontan os preto de 50 estudantes do grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto do Campus Industrial de Ferrol inscritos no hackathon Navantia Next Pioneers que dará comezo ás 15:00 horas do xoves 21 de abril na Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI)

O evento preséntase como unha oportunidade única para innovar, crear, aprender, colaborar e demostrar talento. Navantia e o Campus Industrial da Universidade da Coruña presentan un espazo no que experimentar coa transformación dixital, a robótica e as SmartTech. Ao longo das 24 horas que dura este hackathon, os participantes, divididos en pequenos equipos de non máis de cinco persoas, contarán co apoio de diversos profesionais do sector naval, do deseño industrial e doutros expertos en metodoloxías e ferramentas innovadoras para acadar a resolución do reto proposto así como unha aprendizaxe real. Será un xurado profesional quen seleccione ao equipo gañador e os seus integrantes recibirán cadanseu cheque por valor de 150 euros.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.