O ciclismo, protagonista na SeixoBike 2022 de Marín

Este domingo 24 o ciclismo volverá ser protagonista no Concello de Marín da man do XSM Clube Ciclista, que organiza a SeixoBike 2022, unha proba ciclista de carretera escolar, que contará con máis de 250 participantes

O concelleiro de Deportes, Antonio Traba, presentou a actividade no Concello, xunto co secretario da Federación Galega de Ciclismo, David Carrillo; a presidenta da asociación ACEMAS de Seixo, Cristina Souto; a presidenta do XSM Club Ciclista, Irene Trabazo, e o deportista do mesmo club, Zoe del Río.

A proba dará comezo ás 10.00 horas na contorno do colexio de Seixo e contará cunha gincana para os máis pequenos e cunha proba en liña.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.