O CISPAC incorporará máis de 80 investigadores e investigadoras adscritas ao seu centro

O pasado mércores o Centro de Investigación Interuniversitario de Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC) aprobou a incorporación de investigadores e investigadoras ao seu centro. Na reunión celebrada no Edificio Fontán participaron o consello reitor do centro e representantes das tres universidades galegas

Os participantes do encontro foron Lourenzo Fernández Prieto, director científico e catedrático de Historia Contemporánea da USC; Laura Oso Casas, directora adxunta e catedrática de Socioloxía da UdC; Xavier Simón Fernández, secretario do centro e profesor titular de Economía Aplicada da UVIGO; Antonio López Díaz, reitor da USC; Javier Ferreira Fernández, xerente da USC. De xeito telemático asistiron Salvador Naya Fernández, vicerreitor de Política Científica da UDC; Ramón Del Valle López, xerente da UDC; Belén Rubio Armesto, vicerreitora de Investigación da UVIGO e Raquel Souto Fernández, xerente da UVIGO.

O CISPAC adscribirá 80 novos investigadores e investigadoras para traballar sobre a paisaxe galega dende a arqueoloxía, o turismo, a demografía, a historia, a xeografía e a economía de forma transdisciplinar. As candidaturas proveñen das tres universidades galegas: 17 da UDC, 11 da UVIGO e 52 da USC.

Na fotografía, de esquerda a dereita: Lourenzo Fernández Prieto, Javier Ferreira Fernández, Antonio López Díaz, Laura Oso Casas e Xavier Simón Fernández

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *