O Plan Único da Deputación destina 7 M€ para reforzar os programas sociais dos concellos da provincia

O pleno da institución provincial deu luz verde ao Fondo Social do Plan Único 2022

O pleno da Deputación da Coruña aprobou hoxe o Fondo Social do Plan Único, que destina 7 millóns de euros para financiar os gastos sociais dos concellos durante o ano 2022 .

Ampliación dos Servizos de Axuda no Fogar (SAF), reforzo da plantilla de persoal nas áreas sociais dos concellos, programas de respiro familiar e conciliación familiar e laboral, adquisición de EPIs e outro material para atención social ou axudas directas ás familias máis vulnerables que están sufrindo especialmente os efectos desta crise son algúns dos programas municipais que contarán co apoio da Deputación a través do  Fondo Social do Plan Único.

Nos últimos dous anos, a Deputación realizou a maior aposta social da súa historia, reforzando todos os seus programas sociais para facer fronte ás consecuencias da pandemia e aos seus efectos económicos entre os colectivos máis vulnerables e as familias con menos recursos.

Entre 2021 e 2022, o Plan Único leva investido 21 millóns de euros para reforzar os programas sociais dos concellos da provincia e incrementáronse tamén programas como o de servizos sociais comunitarios, que en 2022 alcanza os 8,3 millóns de euros de orzamento, o permitirá contratar a 177 especialistas no ámbito social nos concellos e financiar preto de 387.000 horas de axuda no fogar, 100.000 máis que antes da pandemia. Tamén se reforzaron servizos como o da Teleasistencia, esencial para as persoas maiores que viven soas, que conta xa con preto de 3.000 usuarios e usuarias activos.

Listaxe de gastos sociais extraordinarios do exercicio 2022

CONCELLO ACHEGA PROVINCIAL  
Abegondo 76.193,39 €  
Ames 157.736,37 €  
Aranga 61.080,79 €  
Ares 41.475,17 €  
Arteixo 169.839,87 €  
Arzúa 104.836,92 €  
A Baña 68.666,88 €  
Bergondo 55.582,72 €  
Betanzos 70.094,06 €  
Boimorto 57.703,11 €  
Boiro 111.083,33 €  
Boqueixón 63.183,76 €  
Brión 70.802,88 €  
Cabana de Bergantiños 67.023,89 €  
Cabanas 39.966,22 €  
Camariñas 49.410,55 €  
Cambre 121.260,72 €  
A Capela 35.623,18 €  
Carballo 196.229,20 €  
Cariño 43.566,60 €  
Carnota 51.875,43 €  
Carral 56.763,85 €  
Cedeira 68.257,90 €  
Cee 61.722,62 €  
Cerceda 73.053,75 €  
Cerdido 33.392,60 €  
Coirós 34.744,77 €  
Corcubión 20.249,50 €  
Coristanco 91.816,12 €  
A Coruña 29.312,24 €  
Culleredo 147.812,18 €  
Curtis 65.839,24 €  
Dodro 32.918,68 €  
Dumbría 68.752,21 €  
Fene 72.891,21 €  
Ferrol 56.988,78 €  
Fisterra 39.679,97 €  
Frades 56.398,52 €  
Irixoa 43.425,21 €  
Laxe 39.402,85 €  
A Laracha 102.730,26 €  
Lousame 57.719,01 €  
Malpica de Bergantiños 56.952,53 €  
Mañón 47.233,75 €  
Mazaricos 97.002,74 €  
Melide 97.710,15 €  
Mesía 64.873,39 €  
Miño 53.431,59 €  
Moeche 35.559,97 €  
Monfero 78.509,90 €  
Mugardos 41.289,73 €  
Muros 70.422,74 €  
Muxía 79.804,45 €  
Narón 173.924,97 €  
Neda 39.924,59 €  
Negreira 88.559,62 €  
Noia 76.658,54 €  
Oleiros 160.127,48 €  
Ordes 117.145,66 €  
Oroso 72.453,72 €  
Ortigueira 120.825,91 €  
Outes 73.319,89 €  
Oza-Cesuras 109.551,92 €  
Paderne 40.753,34 €  
Padrón 61.651,12 €  
O Pino 83.256,75 €  
A Pobra do Caramiñal 57.586,06 €  
Ponteceso 74.394,05 €  
Pontedeume 55.422,25 €  
As Pontes de García Rodríguez 145.759,75 €  
Porto do Son 82.214,97 €  
Rianxo 72.942,58 €  
Ribeira 133.761,85 €  
Rois 68.543,77 €  
Sada 83.342,92 €  
San Sadurniño 58.968,96 €  
Santa Comba 126.487,89 €  
Santiago de Compostela 125.043,94 €  
Santiso 56.125,47 €  
Sobrado 65.989,14 €  
As Somozas 48.346,64 €  
Teo 113.291,34 €  
Toques 49.657,26 €  
Tordoia 70.741,10 €  
Touro 79.227,98 €  
Trazo 63.500,74 €  
Val do Dubra 69.612,39 €  
Valdoviño 68.647,54 €  
Vedra 57.727,86 €  
Vilarmaior 29.856,16 €  
Vilasantar 40.877,92 €  
Vimianzo 108.298,70 €  
 Zas 85.579,81 €  
TOTAL ACHEGA PROVINCIAL 7.000.000,00 €  

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.