O PP de Vilalba constitúe o comité executivo e presentación do Boletín informativo

O Partido Popular de Vilalba, que celebrou recentemente o seu congreso no que resultou elixida Sandra Vázquez como presidenta, vén de constituír o comité executivo local.

A executiva xa está a traballar “centrada en Vilalba, nas necesidades actuais dos veciños e na construción do futuro do municipio tendo en conta a súa historia, o seu potencial e, especialmente, a opinión dos vilalbeses”, manifestou a presidenta.

Algúns membros do comités executivo do PP de Vilalba

A primeira xuntanza, na que os membros da executiva participaron de forma presencial ou telemática, serviu para planificar o seu traballo co obxectivo de ser útil aos veciños e, polo tanto, centrado no contacto cos vilalbeses “para coñecer de primeira man a súa realidade, escoitar as súas necesidades, suxerencias ou reivindicacións”.

Vázquez subliña “o compromiso amosado por todos os membros” da executiva que se vén de renovar e que conta con persoas de distintos ámbitos. “Cada un dos vicesecretarios ou vicesecretarias coordinarán unha área que coñecen”, destaca.

Reunión executiva PP Vilalba

Xunto á presidenta do PP de Vilalba, Sandra Vázquez, integran o comité executivo: Pepe Franco como secretario xeral; Sandra Rivas como secretaria de Participación e Acción Electoral; José Antonio Pita como secretario de organización; Carmen Otero como vicesecretaria de Política Social e Maiores; Pepe Janeiro, vicesecretario de Deportes e Tecido Asociativo; Sandra de Bernardo, vicesecretaria de Comunicación; José María García-Leira Boado, vicesecretario de Promoción Económica, Iniciativa Empresarial e Industria; Agustina Fernández, vicesecretaria de Sanidade; Paula Gesto, vicesecretaria de Infancia e Xuventude, Gaudi Pérez, vicesecretario de Medio Rural e Medio Ambiente; Patricia Teijeiro, vicesecretaria de Cultura e Educación; Inmaculada Ramudo, vicesecretaria de Infraestruturas e Mobilidade; Flor Rey, vicesecretaria de Igualdade; e Begoña Novo, vicesecretaria de Comercio e Turismo.

Boletín informativo

Os populares presentaron tamén un boletín que está xa chegando ás casas dos vilalbeses e que recolle información sobre o traballo que está a desenvolver o PP de Vilalba, incluíndo algunhas das propostas recollidas nas xuntanzas cos veciños que o goberno local non está a atender.

O boletín recolle tamén a postura crítica do PP vilalbés con respecto ás decisións do goberno do PSOE en relación a distintos asuntos que considera importantes para Vilalba: a imposición da unidireccionalidade na rúa da Pravia, a abandono do polígono industrial, o desprezo ao rural, o despilfarro de grandes cantidades de diñeiro para desfacer o que estaba feito -como é o caso do parque acuático da Madalena- ou a falta de xestión dos socialistas que neste mandato aínda non foron capaces de elaborar uns presupostos municipais e gobernan cos elaborados polo goberno do PP prorrogados, a pesar de que no seu día votaran en contra da súa aprobación igual que Vilalba Aberta.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *