Obradoiro de autodefensa para mulleres en Barbadás

O próximo sábado 23 de abril, vai ter lugar na casa da mocidade do Concello de Barbadas, sita na Valenza, un obradoiro de autodefensa para mulleres que organiza a Concellería de Igualdade a través do centro de información á muller (CIM)
Esta actividade consistira nun taller grupal dirixido a mulleres, de carácter práctico, coa finalidade de dar a coñecer técnicas de autodefensa a través da creación dun espazo seguro no que traballar a autoprotección.
No mesmo ademais traballaranse facetas como a confianza, o autocontrol e a seguridade nas mulleres como complemento a súa formación práctica en autoprotección.
Hai un total de 30 prazas que se respectarán por rigoroso orde de inscrición, e pódeno facer:
A través do e-mail igualdade@barbadas.gal
No telefono do CIM 988 222 251