Olympus, La Fórmula, Cinema, Miramar, Os Satélites e Finisterre animarán a LXII Festa da Lamprea

Os días 22, 23 e 24 de abril, volve a  Festa da Lamprea a Arbo, que este ano cumpre a súa 62 edición

Conta atrás para unha das festas gastronómicas miñotas máis populares. Arbo prepárase para acoller a miles de persoas na 62º edición da Festa da Lamprea, que este ano se celebrará entre o 22 e o 23 de abril.

O alcalde de Arbo, Horacio Gil, informa que durante os días de Festa “os nosos restaurantes e casas rurais serven lamprea no menú. Establecementos hostaleiros de Arbo acolledores, accesibles, e con todos os servizos, consolidados pola súa traxectoria e bo facer ao longo dos anos pero, sobre todo, destaca a hospitalidade e proximidade”.

Festa da Lamprea

A última fin de semana de abril, os hostaleiros, adegueiros e habitantes do  concello celebran un evento de gran calado que atrae a visitantes de todas partes e que desde fai dúas edicións está considerada Festa de Interese Turístico Nacional. Trátase da ‘Festa da Lamprea’, que en 2022 cumpre 62 anos. Nela, os restaurantes da zona fan gala da súa boa man cociñándoa por exemplo ‘á arbense’, no seu propio sangue, que é unha das receitas máis soadas e consumidas.

Horacio Gil, rexedor de Arbo, invita a visitar Arbo durante os días 22, 23 e 24 de abril “Declarada Festa de Interese Turístico Nacional, albergará, múltiples casetas de viño da zona e  lamprea para consumir en todos os seus estilos, como “á  arbense” (no seu propio sangue, que é unha das receitas máis saborosas e coñecidas), frita e  rebozada, asada á brasa, empanada ou rechea. Estes pratos estarán dispoñibles en  Arbomostra, escenario central desta celebración, donde ademais se gozará dunha ampla variedade de actuacións musicais” informa o rexedor.

Arbomostra

En “Arbomostra”, feira agroindustrial e artesanal da Comarca, poderán degustar durante estes tres días, a  lamprea ao estilo ‘ arbense’ e a lamprea seca nas súas distintas formas de preparación acompañada dos viños condado e albariño das adegas presentes na Carpa, ao mesmo tempo que maiores e pequenos gozan dunha ampla e variada programación cultural.

Programación

Na edición deste ano multiplícanse as actividades culturais e de lecer que acompañan a esta festa. Neste espazo actuarán orquestras tan importantes e coñecidas en Galicia como Olympus, La Fórmula ou Miramar. Ademais haberá outras actuacións destacadas tamén como os pasarrúas de diferentes charangas como a de Encerellados ou as actuacións da banda de música municipal de Arbo, a de Valladares ou de grupos folclóricos de Arbo como son A Barca de Loimil e a Vella Barca, actuación durante toda a xornada en Arbomostra com Tonichi y Pacheco, Tamara Pérez y Javier Varela, 2 Tipos entre outros.

Verbena nocturna

A música dalgunhas das orquestras máis importantes do panorama actual protagonizaran as noites. Así, o venres 22 os asistentes poderán gozar do Cinema ( Praza  do  Concello) e  Miramar ( Rúa Luís  Cubelas).

O sábado, a cita chegará con Olympus ( Praza  do  Concello) e La Fórmula (Rúa Luís  Cubelas).

Pola súa banda, o domingo a quenda será para Os Satélites que chegará á  Praza  do  Concello e Fisterre (Rúa Luís  Cubelas).

Arbomostra, 3 días de gastronomía e actuacións de grupos folclóricos, charangas e orquestras do momento. Do 22 ao 24 de abril, ven vivir a Festa da Lamprea de Arbo! Goza deste exquisito manxar acompañado dous viños Albariño e Condado”– remata o alcalde de Arbo, Horacio Gil.

Visitas Museo Arabo

Tamén os días 23 e 24 de abril co gallo da LXII Festa da Lamprea o Museo Arabo ofrecerá visitas guiadas para os visitantes. Os interesados poderán recibir máis  información e facer a súa reserva no teléfono 670 38 52 72

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.