Os galegos e galegas lideran un movemento contra a RDL 6/2022 que aumenta a desprotección fronte os novos proxectos eólicos

A norma pendente de convalidación no Congreso limita a participación cidadá e as esixencias dos estudos de impacto ambiental e sobre o patrimonio cultural. Con case medio centenar de colectivos galegos, a proposta xa ten seguimento en oito Comunidades autónomas

Os afectados e afectadas de Galicia encabezan un movemento a nivel estatal para impediren a aplicación de varias medidas contempladas no capítulo III do Real Decreto-Ley 6/2022 que afectarían aos procedementos de tramitación dos parques eólicos.
A norma, pendente de convalidación parlamentaria, reduce a tramitación ambiental nos proxectos de enerxías renovables de ata 75 MW a un informe de afección que non estuda en detalle os diferentes impactos. Así mesmo, o texto arrebata o dereito dos afectados e afectadas a alegaren impactos non contemplados ou subestimados así coma erros técnicos.

Ao eliminaren a participación pública ábrese a porta á aprobación de proxectos con potencial impacto ambiental que pode carrexar a expropiación forzosa dos terreos sen as suficientes garantías procesais.

Ademais o RD-L 6/2022 contempla un procedemento “express” que reduce os prazos á metade, tanto na tramitación como exposición pública e mesmo considera o silencio administrativo dalgún organismo como favorable.

O movemento iniciado por asociacións veciñais de afectados e afectadas acadou xa en Galicia o apoio de case medio centenar de colectivos da nosa Comunidade e está a recibir consultas e peticións de adhesión dende outras zonas, contando con deceas de subscribintes xa en oito Comunidades.

Nunha abordaxe inicial detectouse que o RD-L 6/2022 vulnera varios dereitos recollidos na Constitución española, así como 5 normativas europeas, polo que entre as medidas a adoptar está solicitar a intevención do Defensor del Pueblo, presentaren un recurso de inconstitucionalidade e mesmo apelar á fiscalía, sen descartar outras accións a nivel internacional.

Máis información

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.