Os socialistas de Baleira demandan que se repoñan os servizos sanitarios na vila

Laura Burgué advirte “que dende fai 3 meses o medico está de baixa  e cobren a súa praza cun facultativo durante 4 horas ao dia”

A Voceira Socialista de Baleira, Laura Burgué denunciou hoxe as carencias sanitarias que esta padecendo á veciñanza de Baleira, “xa que dende fai 3 meses o medico está de baixa  e cobren a súa praza cun facultativo durante 4 horas ao dia”.

Dende o PSdeG esiximos ao PP que “reforce de xeito urxente a asistencia sanitaria no noso centro de saúde. E dende aquí emprazamos ao Alcalde a que se mobilice para demandar á Conselleira de Sanidade máis persoal sanitarios para o Concello”, dixo a voceira socialista Laura Burgué.

A concelleira socialista fíxose eco das denuncias das veciñas e veciños nas que advirten “que este mesmo luns día 25 de abril non consultou ningún medico no centro de saúde”. Ademais tamén critican que hai un enfermeira de baixa e non se cubre o seu posto, polo tanto a outra enfermeira ten que facer dobre traballo. “Os nosos facultativos están fartos dos recortes do PP e a veciñanza tamén esta farta da deficiente xestión sanitaria na nosa vila”.

“Dende a Agrupación Socialista de Baleira demandamos que se repoñan os servicios sanitarios, e que se atendan as nosas demandas. O noso Concello conta cunha porcentaxe moi elevada de poboación envellecida, por iso mesmo, precisamos unha atención médica que responda as nosas necesidades. Non podemos ter un médico na consulta tan só 4 horas ao día, nin tampouco un só enfermeiro para atender á toda a poboación. Queremos solucións”, replican.

Foto portada: Elisardojm (Wikipedia)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.