Paula Castiñeiras nueva coordinadora provincial de Xuventudes Socialistas en Coruña

As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) realizaron a pasada semana o seu III Congreso Provincial Ordinario onde a tracense Paula Castiñeiras ficou proclamada coordinadora provincial, co compromiso de achegarse «a todos os concellos para recoller os problemas que ten a xuventude e atopar solucións conxuntamente».

No encontro, que tivo lugar na sede de Santiago de Compostela, estivo presente tamén o secretario xeral nacional, Xurxo Doval, quen loou «o compromiso e traballo da militancia coruñesa tras os anos de pandemia e xestora».

A nova coordinadora, Paula Castiñeiras, destacou que «as políticas socialistas dos distintos concellos da provincia, tanto no goberno como na oposición, son un selo da calidade xunto coas da Deputación, contrastando coa falta de claridade e rumbo político da Xunta»

A moza socialista asumía  «con ilusión e agarimo unha nova responsabilidade que abre unha nova etapa onde debemos prestar maior atención ao que a mocidade pide nas rúas e elevalo ás institucións, porque queremos construír Galicia dende Galicia sen vernos na obrigación de marchar».

Xurxo Doval, secretario xeral nacional, sinalou «a importancia política e socioeconómica da Coruña como unha terra de innovación, progreso e participación, cun modelo de xestión municipal que debemos trasladar á Xunta de Galicia»

Paula Castiñeiras, nada en Santiago no ano 1992 (30 anos), é estudante de 4 ano na facultade de Educación Social na Universidade de Santiago de Compostela. Bolseira colaboradora na universidade entre outras experiencias. Actualmente secretaria de emprendemento na Executiva Federal de Juventudes Socialistas de España.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.