Piden o arranxo da rúa Andrés Gaos de Carballo

O secretario local e voceiro Xesús Deus Gende, xunto co responsable de obras e servizos José Luis Bardanca e a representante da formación para esa zona de Carballo, María Esperanza Pérez Rama, desprazáronse ata a rúa Andrés Gaos para falar coa veciñanza  e recoller as súas queixas

A vía en cuestión foi nomeada no seu día nos medios de comunicación por parte do consistorio, para ser obxeto de mellora unha vez que os habitantes da zona requeriran o seu arranxo. Unha das veciñas transmite que por parte das autoridades locais prometéuselle que se ía a proceder ao seu acondicionamento, dentro do que no seu día denominaron plan de mellora de vinte rúas, “pero que por desgraza tan só foi unha cortina de fume para contentar a unha cidadanía cansa de agardar por melloras que chegan tarde, mal e arrastro”.

As demandas veciñais son as seguintes:

Acondicionamiento do firme que está nun estado lamentable.

Colocación de contedores de lixo máis preto das vivendas,e nunha zona onde non se acumulen malos olores .Actualmente hai que andar un grande treito para depositar os residuos.

Limpeza de sumidoiros que están tapados pola maleza, o que non permite o paso da auga provocando anegamentos na estrada e en certas entradas das casas.

Limpeza de maleza ao carón das vivendas.

“Dende Xuntos Carballo M+J pedimos a os gobernantes locais que procedan a solucionar estes problemas no menor tempo posible, e atender polo tanto as demandas veciñais transmitidas en numerosas ocasións”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.