‘Porta a porta’ atendeu máis de 850 persoas das catro provincias nos seus primeiros 15 días en funcionamento

Os autobuses despregados pola Xunta de Galicia polas catro provincias ofrecen servizos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria para as persoas maiores

O programa Coidados Porta a Porta, posto en marcha pola Consellería de Política Social, atendeu nos seus primeiros quince días de funcionamento máis de 850 persoas. Os autobuses, que percorren desde o pasado día 30 todos os concellos galegos agás as sete cidades, ofrecen servizos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria ás persoas maiores de 55 de anos que o soliciten.

Ao longo destas dúas semanas os autocares visitaron os municipios coruñeses de Cambre, Bergondo, Carral e Culleredo; os lucenses de Ourol, Xove, Valadouro e O Vicedo; os pontevedreses de Baiona, Tomiño, Nigrán e O Rosal; e os ourensáns de San Amaro, Melón Cenlle e Beade, onde permaneceron entre dous e tres días para prestar servizo a todos os veciños que o pedisen. Nos vindeiros días viaxarán aos concellos de Miño, Alfoz, Tui e Castrelo de Miño.

A Xunta de Galicia investirá 10 millóns de euros nesta iniciativa pioneira, que permitirá achegar a todos os galegos revisións e valoracións auditivas; atención podolóxica para prevención, diagnose e tratamento das principais patoloxías dos pés; e realización de probas de valoración cognitiva ou exercicios de estimulación para a prevención de Alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas de xeito gratuíto.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.