Portomarín acolle a presentación da “Guía mágica del Camino de Santiago”

A cita será este sábado dia 23 de abril, ás 18:00 horas, coincido coa celebración do Día do Libro. A libraría Rosalía de Castro e Casa Cruz de Portomarín organizan a última publicación do xornalista Francisco Contreras Gil

A libraría Rosalía de Castro e Casa Cruz de Portomarín organizan a presentación da nova edición de “Guia mágica del Camino de Santiago”, do xornalista Francisco Contreras Gil. A cita será este sábado dia 23 de abril, ás 18:00 horas, coincido coa celebración do Día do Libro.  Si as condicións climatolóxicas o permiten este acto, que conta coa colaboración do Concello, realizarase ao aire libre na Praza do Camiño, e se chove no salón de actos da casa sindical.

“Decidimos realizar esta presentación para dar a coñecer a última publicación do xornalista polifacético, Francisco Contreras, un autor moi vencellado ao Camiño de Santiago e tamén á nosa vila de Portomarín, onde sempre ten un oco para  visitarnos e desfrutar así da súa presencia. Polo tanto quedades todos e todas convidados a este acto para conmemorar ademais, o Día do Libro, unha ocasión excepcional para participar nunha xornada amena e chea de novas experiencias en torno ao Camiño que non deixarán a ninguén indiferente”, sinalan dende a organización.

Biografía dun reporteiro con alma e corazón

Francisco Contreras Gil (Madrid, 1972) estudou Biblioteconomía e Documentación na Universidade de Valencia. Xornalista e escritor de vocación e profesión .Reporteiro, alma e corazón —sempre mochila, cámara e caderno de campo preparados— leva tres décadas dedicada ao xornalismo de investigación especializado en historia, lendas e misterios, o chamado “xornalismo de misterio”. Viaxa pola nosa xeografía romántica e lendaria co propósito de reivindicar que existe unha España descoñecida e diferente, a España Máxica.

A Guía Mágica del Camino de Santiago propón un Camiño diferente. Non só atoparás a información básica para embarcarte na aventura e redescubrir o pasado, senón tamén as claves e lugares para completar unha experiencia humana única e transformadora. Un caderno de campo formado por fitos dun Camiño que te levará a máis de douscentos lugares.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.