Regata de traiñeiras este domingo en Mera, con sesión vermú

O vindeiro domingo día 10 de abril, ás 11:30 horas, celébrase unha interesante regata de traiñeiras en Mera denominada Memorial Juan Otero, en lembranza do que era socio número 1 do club e un dos fundadores do club de remo de Mera. Participarán 14 equipos, entre os que destacan as tripulacións de Cabo de Cruz e Ares que militan na Liga ACT (1ª categoría do remo estatal). Unha vez finalice a competición, haberá sesión vermú na Lagoa de Mera con música e pinchos.

A regata disputarase a 4 longos, con dúas rúas. O campo de regatas estará ubicado entre a cala de Portelo, en Canide, e a punta do Faro de Mera, polo que a mellor zona para seguir a proba desde terra será o paseo marítimo, na zona do Balcón de Maianca, onde estará a megafonía para ofrecer toda a información.

En categoría feminina, os equipos participantes serán A Cabana-Mugardos, Perillo, Puebla e Castropol. Nas regatas masculinas remarán as tripulacións de Tirán, Cedeira, Mugardos, Narón, Puebla, Mera, Rianxo, Cabo de Cruz B, Ares e Cabo de Cruz.

O Centro Deportivo Mariñeiro de Mera organiza esta competición, coa colaboración do Concello de Oleiros.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.