Sergio Pazos será o encargado de pregoar as excelencias de Arbo na LXII Festa da Lamprea

O 23  de abril ás 13:00 horas dende o balcón da Casa Consistorial, Sergio Pazos será o encargado de dar o pistoletazo de saida aos actos da LXII Festa da Lamprea

A LXLLI edición da Festa da Lamprea de Arbo dará comezo oficialmente o venres 22 de abril, ás 5 e media da tarde coa inauguración da ‘Arbomostra’, que este ano esta ubicada na Praza do Mercado na que poderá degustarse  a lamprea por racións a prezos populares e gozar dos mellores viños con Denominación de Orixe Rías Baixas das nove adegas presentes na Carpa

O  Concello de Arbo conta este ano co humorista, actor e presentador Sergio Pazos  para pregoar as excelencias desta Vila e da Festa da Lamprea nesta 62 edicións.

A lectura do pregón será o sábado día 23 de abril ás 13.00 horas no balcón da casa Consistorial.

Aínda que nunca deixou de traballar en Galicia, onde é especialmente popular polo seu papel de Paspallás na comedia  Pratos combinados, a principios dos 90 empeza a aparecer en distintas series nacionais. En 1996 salta á fama ao converterse nun dos reporteiros do exitoso programa “Caiga quien Caiga”, presentado polo Gran Wyoming.

Participou en distintas longametraxes, obras teatrais e mesmo no programa de telerrealidade A illa dos famosos.

En 2006 foi colaborador do magacín vespertino de Cuatro, Channel nº4, presentado por Boris Izaguirre e Ana García Siñeriz e presentador do programa «Gincana Tivi Show» en Aragón Televisión.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.