Sonora protesta do persoal público temporal da Xunta

O persoal público temporal da Xunta de Galicia volveu protestar polos seus dereitos

Desta volta a sonora protesta convocada por CNT en forma de caravana de coches chegou ao Consello da Xunta que se celebraba este pasado xoves.
A caravana partiu do Pazo de Congresos de Compostela arrancando cunha importante pitada diante do edificio dos sindicatos institucionais UGT, CCOO e CIG. A continuación, pasouse polo Edificio Administrativo de San Lázaro onde se fixo notar a protesta antes da chegada a San Caetano.

Xa na sede da Xunta en San Caetano déronse varias voltas ao edificio Administrativo facendo sonar o cláxon e facendo varias paradas no percorrido que deixaron notar a protesta.

Para finalizar, realizouse unha concentracióndiante da porta principal de Presidencia onde unha importante pitada deu paso a un encendido speech onde se fixeron notar as revindicacións do colectivo de temporais da Xunta.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.