Ucraína e os imperialismos. Por Héctor Sánchez

 

Parto de tres conviccións.

Primeira.

Estou en contra dos tres grandes Imperialismos: ESTADOS UNIDOS, CHINA e RUSIA que só lles importa ter máis Poder no mundo.

Segunda.

Creo que o Imperialismo máis perigoso é o de ESTADOS UNIDOS por propiciar varios golpes de estado trunfantes en HONDURAS-2009-, PARAGUAI -2012-, UCRAINA -2014-, BRASIL -2016-, BOLIVIA -2019- e o fracasado en VENEZUELA (2017-2021).

Ademais, utilizando á OTAN -formada por 30 países e dirixida por ESTADOS UNIDOS- iniciou varias guerras e apoia outras que causan tanto dano e horror coma todas as guerras.

Terceira.

A UNION EUROPEA, en política internacional, actúa coma unha sucursal de ESTADOS UNIDOS.

A subordinación a ESTADOS UNIDOS dos Gobernos da UNION EUROPEA -moitos deles na OTAN- impediu que a UNION EUROPEA tivera unha política internacional propia -incluso no das vacinas contra o coronavirus acaparado por empresas farmaceúticas estadounidenses cando a alemana Bayer e a suiza Roche eran máis potentes-.

A OTAN actúa abertamente ou secretamente continuamente, ao igual que as bases norteamericanas que hai en cada país, o que fai que todos os Gobernos dos países europeos integrados na OTAN sexan cómplices de todas as súas accións militares agresivas.

ESPAÑA é cómplice directa das accións que pasan polas bases norteamericanas de ROTA e TORREJON DE ARDOZ. E unha contradicción insalvable estar a favor da PAZ e estar na OTAN.

ANTECEDENTES INTERNACIONAIS PREVIOS A GUERRA EN UCRAINA

Calquera país necesita que funcione a súa economía, e moito máis os Imperios. Necesitan, fundamentalmente, facilidades comerciais para as súas empresas, e acceso ás materias primas.

Ca disolución da UNION SOVIETICA e do PACTO DE VARSOVIA en 1.991, abriuse para ESTADOS UNIDOS a gran oportunidade de copar gran parte do mundo pero foi xurdindo un poderoso obstáculo.

CHINA foise convertindo nun gran xigante económico que freou parte do expansionismo estadounidense.

Ao mesmo tempo, RUSIA tiña moitas materias primas que exportaba, algúns gobernos aliados coma IRAN, SIRIA, UCRAINA, BIELORUSIA, e ademais, armas nucleares.

Para contrarrestar esta situación, ESTADOS UNIDOS decidiu afortalarse afortalando á OTAN, incorporando á OTAN dende 1.999 a 14 novos países.

En 1.999 POLONIA, HUNGRIA e a REPUBLICA CHECA.

En 2.004 BULGARIA, ESTONIA, LETONIA, LITUANIA, RUMANIA, ESLOVAQUIA, ESLOVENIA.

En 2.009 ALBANIA e CROACIA.

En 2017 MONTENEGRO, e en 2020 MACEDONIA DO NORTE.

O feito de que ESTADOS UNIDOS lograba máis influencia política-económica en máis países, agrupados militarmente na OTAN e que ían constituíndo unha especie de cerco a RUSIA, facía inevitables guerras máis pequenas e máis grandes.

E así foi.

A OTAN bombardeu YUGOSLAVIA en 1999-; invadiu AFGANISTAN -amigo de RUSIA- en 2001; parte da OTAN arrasou IRAK en 2004; apoiou o golpe de estado de estado en LIBIA en 2011.

Aínda sigue a guerra en SOMALIA apoiada por ESTADOS UNIDOS dende 1.992. Tamén ESTADOS UNIDOS apoia activamente a quen quere derrocar ao Goberno de SIRIA-amigo de RUSIA- dende o 2011, e a ARABIA SAUDI que quere un Goberno títere no YEMEN dende o 2014, dúas guerras de terribles consecuencias, nas que interveñen varios Gobernos.

ANTECEDENTES -INTERNOS E EXTERNOS- PREVIOS A GUERRA

As eleccións presidenciais de 2010 deixaron claro a forte polarización da sociedade ucraína que, en segunda volta lle deu a presidencia a Viktor Yanukovich do partido proruso «PARTIDO DAS REXIONS» que sacou o 48,95% dos votos mentres que o bloque «PATRIA» encabezado por Yulia Timoshenko, e apoiados tanto por xentes prooccidentais coma por nacionalistas de dereitas sacou o 45,47%, nunhas eleccións que votou o 70% de 35.600.000 persoas.

Esta forte polarización en dous bloques é clave na situación de UCRAINA.

Durante a presidencia de Yanukovich elaborouse a partir de 2.011 un «ACORDO DE ASOCIACION CA UNION EUROPEA» tras multiples controversias internas e tras cantidade de requisitos que esixiu a Unión Europea, e que asinaríase en novembro do 2.013 pero o 21 de novembro o goberno de UCRAINA suspendeu a sinatura para propoñer unha «COMISION DE COMERCIO ENTRE UCRAINA, A UNION EUROPEA E RUSIA», decisión rexeitada polos partidos da oposición e pola UNION EUROPEA, que provocaron protestas en KIEV chamadas o EUROMAIDAN e recibiron amplio apoio de ESTADOS UNIDOS e da UNION EUROPEA que querían sacar a UCRAINA da area de influencia de RUSIA, ao tempo que RUSIA quería mantela.

A súa vez, as protestas en KIEV do EUROMAIDAN provocaron as protestas dos Gobernos e das xentes ucraínas prorusas de DONETSK e LUGANSK.

O 21 de febreiro do 2.014 o Goberno e a Oposición asinaron un acordo de paz pero o 22 de febreiro @s manifestantes ocuparon Institucións na capital de KIEV e unha chamada RADA SUPREMA consumou o golpe de estado ao facerse co control do país e cun novo presidente interino.

O goberno de RUSIA non recoñeceu ao novo goberno interino xa que considerou que saliu dun golpe de estado, o que era certo pero realmente non o recoñecía porque era un Goberno inimigo.

Como resposta, o Congreso de Deputados e Gobernadores do LESTE e do SUR fixo un chamamento á resistencia o que provocou máis manifestacións de xente ucraína prorusa.

Tamén en febreiro o goberno de CRIMEA fixo un referendo ganado pola xente independentista que propiciou que o goberno de RUSIA enviara tropas a CRIMEA e á cidade autónoma de SEBASTOPOL, ca oposición de ESTADOS UNIDOS e do goberno interino ucraíno, proclamándose en maio a independencia de ambalas dúas que se adheriron a RUSIA.

En abril do 2.014 o goberno interino ucraíno ordenou un ataque militar no LESTE que non trunfou e permitiu que os gobernos prorusos de DONETSK e LUGANSK convocaran uns referendos que validaron ás dúas Repúblicas.

En maio do 2014 o goberno ucraíno enviou tropas armadas a MARIUPOL causando unha masacre, comezando a «GUERRA DO DONBAS».

Na GUERRA DO DONBAS participaron activamente as forzas armadas do goberno interino de UCRAINA -apoiadas de diversas maneiras por ESTADOS UNIDOS, a OTAN e a UE- e as milicias de DONETSK e LUGANSK -apoiadas de diversas maneiras por RUSIA-.

Houbo un alto o fogo en setembro do 2014 co PROTOCOLO DE MINSK que rachou ata que en febreiro do 2015 houbo unha tregua cos ACORDOS DE MINSK II que tamén rachou.

A GUERRA DO DONBAS que causou todo tipo de dano e horror, especialmente na xente ucraína prorusa dada a superioridade militar do goberno ucraíno non logrou derrubar aos gobernos prorusos de DONETSK e LUGANSK.

A GUERRA DO DONBAS, moito máis longa que a actual, FOI TOTALMENTE SILENCIADA EN OCCIDENTE. A GUERRA DO DONBAS freouse, despois de sete anos de duración, cando o goberno de RUSIA desplegou en marzo do 2021 forzas armadas na fronteira con UCRAINA.

CAUSAS DA GUERRA

Partindo das miñas conviccións, e BUSCANDO FEITOS que confirmaran ou desmentiran as propaganda occidentais e rusas, xunto con ALGUNHAS ESPECULACIONS, aquí está algo do que penso, a expensas de atopar NOVOS FEITOS, e, ou, NOVAS MENTIRAS.

Dende o 2019 o goberno de UCRAINA solicitou entrar na OTAN, algo ao o que o goberno de RUSIA opónse frontalmente dado que xa está moi cercada por gobernos de países que están na OTAN, e nunca aceptará que UCRAINA -o 2° país máis grande de EUROPA, e cas fronteiras máis longas con RUSIA- entre na OTAN e teña bases norteamericanas lindando co seu territorio.

Como ocorreu en outubro de 1962, cando o goberno soviético quixo instalar misís en CUBA e o goberno estadounidense de Kennedy opúxose frontalmente ata que chegaron ao acordo de que non se instalarían misís soviéticos en CUBA e a OTAN non poñería misís en TURQUIA apuntando á UNION SOVIETICA.

Seguindo o fío de feitos comprobados, as tropas rusas foron desplegadas na fronteira con UCRAINA en marzo do 2021.

Por qué?

Evidentemente porque o goberno ruso creu, ou os gobernos de ESTADOS UNIDOS e o goberno títere de UCRAINA fixeronlle crer que UCRAINA entraría na OTAN.

POR QUE O GOBERNO DE RUSIA DESPLEGOU AS TROPAS EN MARZO DO 2021 E NON COMEZOU A GUERRA ATA O 24 DE FEBREIRO DO 2022?

E dicir que o goberno ruso tardou nada máis e nada menos que 11 meses en invadir UCRAINA.

E por qué tardaron tanto?

Neses once meses houbo todo tipo de negociacións, ou de falsas negociacións. Collemos o feito de que o goberno de UCRAINA solicitou entrar na OTAN. Collemos o feito da oposición frontal do goberno de RUSIA.

Collemos o feito de que once meses despois, o goberno ruso comeza a guerra.

Por qué comeza a guerra?

E fácil deducilo.

ESTADOS UNIDOS non aceptou a proposta rusa de que UCRAINA non entrara na OTAN.

Pensemos.

ESTADOS UNIDOS sabía que o goberno de RUSIA non aceptaría que UCRAINA entrara na OTAN.

Dito doutra maneira, se sabes que o teu inimigo non vai aceptar algo e tí mantés ese algo, QUE ESTAS BUSCANDO?

Especulemos.

Buscou ESTADOS UNIDOS que o goberno de RUSIA atacara a UCRAINA?

Sigamos especulando.

Qué ganaría ESTADOS UNIDOS co ataque de RUSIA?

UE ESTA PASANDO DESPOIS DA GUERRA INICIADA POLO GOBERNO DE RUSIA?

Iniciar unha guerra, coma todas as que iniciou ESTADOS UNIDOS, cando tense superioridade militar é un acto cruento, inmoral e inhumano.

O dano e a dor causado humanamente, ambientalmente, animalmente…… é horrendo.

Agora, non sabían os Gobernos de ESTADOS UNIDOS e UCRAINA que iso é o que ocorrería?

Non sabía o Goberno de ESTADOS UNIDOS que a OTAN non entraría en combate para evitar unha guerra nuclear?

Qué está pasando, pois?

Que frearonse moitas exportacións rusas.

Que RUSIA gasta moito diñeiro en armamento con este ataque.

Que RUSIA e moit@s millonari@s rus@s perden moito diñeiro cas sancións.

Que RUSIA queda aillada politicamente en Europa e en gran parte do mundo.

Que ESTADOS UNIDOS véndelle produtos á UNION EUROPEA -especialmente gas licuado- máis caros que os prezos de RUSIA.

Que ESTADOS UNIDOS aumenta a súa supremacía política en EUROPA xa que os gobernos dos países europeos vense obligados a apoiar ao goberno de UCRAINA e alonxar a RUSIA e seus produtos da UNION EUROPEA, que funciona coma unha perfecta sucursal.

Que ESTADOS UNIDOS logra que os gobernos europeos invistan máis en armamento -parte será mercado a ESTADOS UNIDOS- a costa de diñeiro para necesidades sociais.

POR QUE SIGUE A GUERRA?

A guerra xa está ganada polo goberno de RUSIA que destrueu o que quixo e estivo onde quixo pero os GOBERNOS OCCIDENTAIS queren prolongala enviando armamento simplemente para prolongala.

Por qué?

Polos motivos anteriormente expostos.

Claro que se produce o peor dos cinismos.

Proclamarse a favor da paz e enviar armas para que continúe a guerra.

A QUEN ESTA AFECTANDO GUERRA

Moita xente ucraína é a máis afectada.

Moita xente europea que sofrimos unha forte inflación dos prezos.

A maiores, xa non se sabe que vai pasar cos fondos europeos pero o que é seguro é que xa non pode ser a mesma cantidade polo que a prometida recuperación europea prometida pola UNION EUROPEA, como mínimo, tardará máis tempo se é que se produce.

UNHA MENCION ESPECIAL AOS MEDIOS DE COMUNICACION

E a primeira vez en moitos anos que case todos os medios de comunicación occidentais -públicos e privados- convertíronse en sucursais dos Gobernos dos seus países, cunha información apabullante, terxiversada.

Como non quero ser cómplice dínme de baixa como subscritor dos xornais estatais ELDIARIO.ES; PUBLICO e INFOLIBRE.

Quero destacar, dos medios estatais que coñezo, a EL SALTO, cunha posición digna.

Sobre os xornais PRAZA, GALICIA CONFIDENCIAL, NOS DIARIO, o destacable, en xeral, é que informaron pouco, e houbo algún artigo, ou sexa que non se convertiron nas sucursais informativas que lograron o efecto buscado.

De que unha inmensa cantidade de xente pense que a RUSIA de PUTIN é a única culpable, cando, vexo eu, que non é a única.

Que o Goberno da UCRAINA de ZELENSKI é un Goberno vítima e ata heroico, cando resulta que obliga aos seus soldados a unha loita militar desigual fronte a un inimigo moi superior militarmente.

Ao Goberno de ZELENSKI, que o Goberno de BIDEN utílizao coma papel de usar e tirar- non lles importa -nen ao Goberno de BIDEN nen ao de ZELENSKI canta xente ucraína quede afectada.

E a clara proba de que non lles importa é continuar unha guerra perdida que, ademais, ninguén sabe o que vai a pasar, e poden ocorrer gravísimos problemas imprevistos -ou previstos, por xente que manda-.

E gravísima a atitude neglixente de partidos, e dirixentes occidentais, de enviar máis armas tal coma quere ESTADOS UNIDOS, único país beneficiado economicamente -vendéndolle produtos máis caros á UE; politicamente -ganando un montón de influencia; militarmente -Gobernos EUROPEOS mercaránlle cantidade de armas- diñeiro que sae dos Orzamentos Públicos, tal como anunciou Pedro Sánchez ao tempo que anunciaba un aumento do gasto militar.

QUE PASARA A PARTIR DE AGORA?

Non o sei. E moi probable que o Goberno de RUSIA quera ocupar ás Repúblicas prorusas de DONETSK e LUGANSK e a partir daí pode pasar calquera cousa.

URXE UN ACORDO DE PAZ

Unha cousa é o desexo individual ou colectivo de quen non nos posicionamos con nengún bando, queremos un acordo de paz, e outra que somos unha minoría que non influimos nada nunha Sociedade empuxada a condenar á RUSIA de PUTIN e continuar a guerra.

Poden pasar cousas gravísimas.

Este pasado luns, Sergéi Lavrov, ministro de Exteriores do Goberno Ruso, dixo o seguinte: «O perigo dunha guerra nuclear é grave, é real, e non debe subestimarse.

A inadmisibilidade dunha guerra nuclear é a posición de principios de Moscú, que foi o acordo, en xaneiro, dos cinco países membros permanentes do Consello de Seguridade da ONU.

Esta é a nosa posición de principios, guiámonos por isto e, por suposto non me gustaría ver estes riscos inflados artificialmente agora, cando os riscos son bastante significativos».

Un comentario

  • Ángeles Marcos

    Totalmente de acordo con os teus postulados. En relación á orixe desta( e outras )guerras, ou apontaría xa ao derrube do muro de Berlín e a posición triunfalista de occidente, con EE.UU á cabeza, humillando e menosprezando ao bloque soviético, cando foi a talla política e moral de Gorbachov a que fixo posible o acontecimento… Naquel momento, foi asinado un acordo entre Gorbachov e Reagan con o cal, EE.UU comprometiese a non colocar bases nen extenter a OTAN nos países fronterizos con Rusia… Este acordo foi incumplido prácticamente desde el minuto 1.
    Daquelas choivas, estes lodos…

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.