Un paciente da Mariña denuncia retrasos na atención das lesións producidas por un accidente

I.P.P. sufriu unha caída da bicicleta en decembro do ano pasado con resultado de trauma craneoencefálico e lesións no acromion e nun dedo

Un paciente denuncia que, tras sufrir unha caída da bicicleta  e ser atendidas as lesións que máis urxencia requerían, está a sufrir importantes atrasos na atención a lesións no acromion e nun dedo que son incapacitantes e lle producen unha dor que non cede con analxesia.

I.P.P. sufriu unha caída da bicicleta o 19 de decembro do pasado ano, con resultado de traumatismo craneoencefálico (TCE) e lesións nun dedo e no omóplato. Desde o hospital da Mariña é derivado ao HULA para o tratamento do TCE, onde permanece ingresado , dous días na UCI e tres en planta.Durante o seu ingreso na UCI aténdense tamén as feridas , máis non se realizan probas radiolóxicas do dedo e acromion. Unha vez resolto o trauma craneoencefálico causa alta hospitalaria, sendo remitido ao control pola médica de familia que lle indica a demora que está a producirse de xeito habitual nas consultas de especialistas e no servizo de radioloxía do hospital. Como a dor que sufre é insoportable e os analxésicos non o alivian, decide acudir a urxencias e tras realizarlle radiografías a impresión diagnóstica é de “tendinopatía do ombro esquerdo e contusión do primeiro dedo da man dereita”.

O paciente tivo que volver á súa médica de familia porque a dor é insoportable, pero non consigue cita con traumatoloxía polos tempos de agarda tan desmesurados , da orde dun ano. Decide chamar a Atención ao Paciente para que atendan o seu caso e se lle de a atención que precisa, pero non consigue contactar tras chamar de forma continuada no horario que lle indicaron, de 13 a 14 horas .A insoportable dor resistente a analxésicos levan ao home a acudir á sanidade privada  de Lugo, onde se lle realiza en marzo de 2022 ecografía e resonancia magnética , dos que deriva o diagnóstico de “compatible con rotura completa do ligamento do pulgar dereito e fractura de acromion” e a recomendación de que acuda ao seu hospital de referencia para o tratamento correspondente. Pero varias semanas despois deste diagnóstico, cunha dor inmensa, co ligamento roto e sen posibilidade de que cure de xeito natural , e cunha baixa laboral de varios meses, o paciente sigue sen ser visto para instaurar o tratamento pertinente.

Por iste motivo contacta coa Plataforma , tras interpoñer  desde o seu centro de saúde a reclamación pertinente  dirixida á dirección do hospital da Mariña,  con número de rexistro 227, para que lle demos voz nos medios de comunicación.

“Desde o colectivo sanitario esiximos ao Sergas e á dirección do hospital que de xeito inmediato solucionen o problema procedendo a tratar a rotura ligamentosa  como  mellor proceda e dunha vez por todas se remate coa insufrible dor que está a padecer o paciente.  Consideramos que desde que ocurriu o accidente pasou un tempo máis que suficiente para diagnosticar, tratar e mesmo avanzar na recuperación do paciente “que non quere outra cousa que a súa curación, o cese da dor e a reanudación da súa vida laboral@; ao noso parecer a demora na atención é sinxelamente vergoñenta”– conclúen.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.