Xuntos Carballo M+J pide ao Alcalde que cumpra coa lei de transparencia

O secretario local e voceiro da formación municipalista Xuntos Carballo por un mundo máis xusto Xesús Deus Gende, leva tempo recollendo o inmenso malestar que existe entre a veciñanza Carballesa, en canto a transparencia e o presunto uso partidista das páxina oficiais do concello, con censura incluida. Así o transmiten os/as usuarios das distintas redes sociais cas que conta o consistorio. Un dos casos máis chamativos e a case que nula información sobre os soldos que cobraría a actúal corporación municipal, e que sen dúbida e de interés público por afectarnos a todos/as no noso peto.
A lei de transparencia 19/2013 de 9 de Decembro, publicada no BOE con data 10/12/2013 e entrada en vigor 10/12/2014 obriga a publicar e dar a coñecer as renumeracións que saen das arcas públicas, tendo por tanto dereito calquera veciño/a a optar a tal información.Actualmente os únicos documentos que poden verse na páxina oficial son:
Acta con data de 29 Xuño de 2015 , que di o seguinte en canto a soldos anuais:
Alcalde 39.916’52 euros
Planificación e mobilidade 39.916’52 euros
Obras e servizos 35.500 euros
Deportes e cultura 35.500 euros
Promoción económica 35.500 euros
Igualdade e Benestar 19.958,26 euros (con vinte horas semanais)
Asistencia a plenos 90 euros mais 45 a maiores para os voceiros.
Xunta de goberno local 90 euros
Asistencias a comisións informativas 65 euros
Asistencia a mesas de contratacións 45 e 36 se son vogais.
Na acta non se fai referencia a detas ou kilometraxe.
Acta con data 20 de Xuño de 2019.
Aprobase a retribución de determinadas personas pero non se específica nen quen son nen canto van cobrar. Consultadas varias fontes baseadas en información oficial podemos atopar que o soldo en 2020 do alcalde ascendía a 44.483 euros, o que supón un aumento de preto de 5000 euros anuais, dende a derradeira acta publicada. Igualmente podemos atopar información doutro membro do goberno local que no 2015 aparecia con asignación ,( entendendemos que actualmente estária sen asignación do concello, excepto por plenos ou algunha xuntanza de distinta índole) agora cobraria da vicepresidencia da diputación a cantidade de 65.545,20 euros anuais.Trás o anteriormente descrito, pedimos a o actúal goberno municipal a que cumpra coa normativa vixente, actualizando a paxina Web,e dando a coñecer polas distintas canles informativas coas que conta, a información a que facemos referencia.
Se pasado un tempo prudencial non obtemos unha resposta satisfactoria, daremos os pasos pertinentes para acadar o obxetivo que non é outro que garantir que a veciñanza coñeza en que se invirte o seu diñeiro, así coma rematar coa opacidade que existe actualmente.