Xuntos Carballo M+J recolle queixas no urbano carballés

O secretario local e voceiro Xesús Deus Gende e o responsable de seguridade, tráfico e mobilidade Perfecto Méndez Lema, desprazáronse ata a Avenida das Flores, e ao Paseo do Anllóns para recoller varias queixas que lle transmitiu a cidadanía

A veciñanza da rúa a altura do número cen botan en falta os contedores de lixo que non fai moito tempo daban servizo e esa zona. A día de hóxe persoas de avanzada idade teñen que desprazarse uns cen metros para depositar os residuos. “Según nos transmiten, foron numerosas as ocasións nas que lle solicitaron a distintos responsables do Goberno local a colocación onde antaño estiveron, ou noutro lugar onde non estorben ou solten malos cheiros, pero ata o dagora nada se fixo. Asimesmo transmiten a necesidade da limpeza de maleza que existe  nun solar a o carón das vivendas, que leva moito tempo sen ningunha clase de actuación e que incumpre a normativa vixente”.

Xá no Paseo do Anllóns a veciñanza pide a reparación do chán de madeira que causou a torcedura nun pé dun raparigo que transitaba polo mesmo. “Ao malísimo e vergoñento estado en que se atopa o firme de madeira na praia de Razo xuntase agora o do Paseo do Anllóns, o que deixa ver o escaso interés en canto a mantemento por parte dun concello máis centrado en facer retratos en manada, que en garantir o normal tránsito de persoas” sinala Xesús Deus Gende.

Dende Xuntos Carballo M+J solicitan a colocación de contedores de lixo e limpeza de maleza na Avenida das Flores a altura do número cen,e a reparación do chán no Paseo do Anllóns.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.