Xuntos Carballo M+J recollerá sinaturas para a regularización de persoas migrantes na feira do día 10

A formación municipalista Xuntos Carballo M+J estará presente na vindeira feira dominical recollendo apoios para a regularización de persoas migrantes en España cumprindo uns requisitos. (Levar tres anos residindo, seis meses como mínimo de contrato laboral, non ter antecedentes penais ou xustificar unha boa convivencia e adaptación a cultura nacional)
“Esta ILP está enfocada a dar visibilidade a un nutrido grupo de persoas que aportan co seu traballo e esforzo a que economía do noso país medre. Depende de todos/as nos que teñan os mesmos dereitos e obrigas que calquera outro/a cidadán” declaran dende a formación.
A carpa da formación estará situada na rúa Coruña e nela estarán presentes os principais responsables locais e tamén o portavoz General de M+J a nivel nacional, Álex Pláns, así coma o responsable de creación de sedes Jesús Barcina Burgui e Rafael Fernández coordinador de expansión territorial, chegados dende Madrid, Bilbao e Ourense respectivamente, onde informarán sobre esta cuestión ou de calquera outra que a cidadanía considere oportuna. Asimesmo repartiránse diferentes panfletos con información e algún que outro agasallo.