Xuntos Carballo M+J volverá a rúa o vindeiro domingo para a recollida de sinaturas

A formación municipalista Xuntos Carballo M+J volverá a estar presente na feira do domingo día 24 para a recollida de sinaturas para a  ILP de regularización de persoas migrantes en España

A iniciativa tivo moi boa acollida a pasada feira onde se acadarón unha boa morea de sinaturas, o que deixa ver qué Carballo é un exemplo de solidariedade. Toda persoa que pasaba interesabase pola proposta, aceptaba de bo grado a información e na inmensa maioria dos casos asinaba lembrando á xente que emigrou, e que aínda emigra en busca de oportunidades ou dunha vida mellor. Tamén se deu información sobre diferentes temas que a veciñanza prantexou, e atendéronse e recolléronse varias queixas e inquedanzas.

«Ninguén deixa a súa casa por gusto senón por necesidade,e por iso a empatía e a fraternidade deben de ser valores que temos que ter en conta cada día, por iso seguiremos recadando apoios para as persoas que se merecen a plena integración na nosa sociedade, e porsuposto escoitamos con agrado todo o que a xente nos transmite. Onde mellor se coñecen os problemas é a pé de rúa interactuando coa cidadanía, porque sinxelamente en Xuntos Carballo por un mundo máis xusto somos  o partido do pobo» sinala Xesús Deus Gende.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.