50 anos de amor: homenaxe en Arbo aos matrimonios que cumpren as vodas de ouro

O Concello de Arbo quere agasallar un ano máis o amor que durante 50 anos levan compartido os matrimonios arbenses, e ún ano máis queren celebrar o evento tradiconal “Vodas de Ouro”
Todos aqueles matrimonios que cumpran ou que cumprisen os “50 anos de casados (Vodas de Ouro)” dende o 31 de xullo de 2021 ata o 31 de xullo de 2022, pódense anotar nas oficinas municipais do Concello de Arbo, para a homenaxe que se vai a celebrar o vindeiro 6 de agosto.
Tamén poderanse anotar todas aquelas parellas que o ano anterior non puideron participar.
A data límite para anotarse será ata o vindeiro 15 de xullo.
Este ano o acto ven marcado pola crise sanitaria, e tívose que cambiar a data de febreiro a xullo o igual que no ano 2021, e o escenario do acto que pasa de ser no auditorio a ser na Praza do Concello.
Dende o Concello animan a todos os matrimonios que este ano cumpran os 50 anos o xa o cumpriran, a anotarse e participar neste acto, no que se tomaran todas as recomendación e medidas sanitarias.