A Asociación Alvixe anima a participar na manifestación deste sábado en Ferrol para reclamar a abolición da prostitución

A Asociación Alvixe súmase ás manifestación que este sábado inundarán as rúas de toda España para exigir a adopción da Lei Orgánica Abolicionista do Sistema prostitucional

A «Asociación Alvixe de Loita contra a Violencia de Xénero» anima a asistir á manifestación que este sábado 28 de maio se celebrará en Ferrol, ás 12:30 horas, para reclamar a abolición da prostitución.

Alvixe súmase así ás manifestacións que inundarán as rúas de toda España esixindo a adopción da Lei Orgánica Abolicionista do sistema prostitucional. A concentración  terá lugar na praza do Concello de Ferrol.

Somos un país cunha expansiva industria da violencia e explotación sexual das mulleres e as nenas e encabezamos o ránking europeo no consumo de prostitución e o terceiro no mundo.

Dende a Plataforma Abolicionista Ferrolterra, na que se integra Alvixe, denunciamos que mercar mulleres para uso sexual é un xeito de violencia patriarcal que precisa ser abolido.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.