A baixa do único médico no centro de saúde de Ourol chega ao Parlamento

Avanzan que presentaron unha batería de iniciativas parlamentarias para demandar á Xunta que cubra de xeito inmediato esta praza

Os socialistas presentaron unha batería de iniciativas parlamentarias para demandar á Xunta que cubra de xeito inmediato, a baixa do único médico do centro de saúde de Ourol. Así o anunciaron hoxe a Deputada Autonómica, Patricia Otero e o Alcalde de Ourol, Jose Luis Pajón, ante o deterioro da asistencia médica do Concello, xa que a maior parte da semana a veciñanza de Ourol carece de atención do seu médico de cabeceira.

O rexedor dixo “levamos dende fai un mes denunciando publicamente os constantes recortes do PP no noso centro de saúde, onde só traballa un facultativo que actualmente está de baixa. Chamei a Sanidade e ao Conselleiro e seguimos si ter unha solución nin unha resposta convincente a esta situación”. Ademais lembra que nesta mesma semana a veciñanza só contou  co médico presencialmente o martes e xoves, e os tres días restantes só houbo atención telefónica dende Lugo para baixas e receitas.

A Deputada Autonómica, Patricia Otero advertiu que “unha vez máis comprobamos como o Sergas só pon parches e ademais abdica responsabilidades, xa que se non hai médicos, algo terá que ver a súa nula planificación e previsión  en política de persoal na atención primaria nos últimos 13 anos de goberno popular”.

Puntualiza ademais que “esta situación dáse nun concello, o de Ourol, onde máis do 50 % da súa poboación son maiores de 65 anos, e nun concello rural, os cales están acostumados a que a Xunta de Galicia recorte constantemente servizos públicos, tan necesarios estes para poder fixar poboación”, insistiu.

Otero explica tamén que rexistrou estas iniciativas no Parlamento de Galicia “xa que esta situación acontece dende principios do mes de abril, como xa denunciou o seu Alcalde, e que previsiblemente se estenda no tempo. Por iso quere preguntar en sede parlamentaria si o Goberno galego vai cubrir, de xeito inmediato, a baixa do único médico do centro de saúde de Ourol?”, dixo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.