A campaña “Quere ou teu mercado” chega este sábado á Praza de Abastos de Arbo

“Quere o teu mercado” é o lema en galego da Campaña Internacional dos Mercados, unha inciativa que a Xunta de Galicia promove en colaboración cos Concellos, as Prazas de Abastos e as Federacións e Asociacións de comerciantes

A praza de abastos de Arbo participa un ano máis na campaña internacional “Quere ou  teu mercado”. Pola súa proximidade e situación estratéxica nas nosas vilas e cidades, os mercados municipais xogan un valioso papel dinamizador e  revitalizador dos centros urbanos onde se asintan e facilitan, ademais, a compra completa de alimentosfrescos con toda a comodidade e sen necesidade de grandes desprazamentos.

No caso de Arbo, os nenos e nenas poderán achegarse ao Mercado Municipal o vindeiro sábado 28 a partires das 10:30, e aprender dun xeito divertido a coñecer as verduras, froitas, peixes e carne, ao mesmo tempo que recibiran un agasallo e disfrutaran de xogos e música.

Os participantes na campaña e os compradores recibiran unha papeleta para entrar no sorteo de agasallos e produtos.

Con esta iniciativa preténdese fomentar o consumo de produtos frescos no Mercado, que no caso de Arbo  lévase mellorado considerablemente nos últimos anos.

Mercar neles é garantía de calidade, bo servizo e atención personalizada así como garantía de boa compra, fomentando o consumo de produtos galegos e ofrecendo a variedade de carnes, lácteos, froitas, verduras, pescados, mariscos, hortalizas… que require unha dieta equilibrada e saudable.
Xuntan tradición e modernidade, adáptanse ás demandas dos seus clientes, ofertan os mellores prezos en produtos frescos de alimentación e incorporan cada día novos servizos complementarios e personalizados.

Dende hai cinco anos o Concello de Arbo e  a Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, celebra a campaña “Quere o teu mercado”, co obxetivo de apoiar, promocionar e visibilizar o papel dos mercados nas cidades, potenciando así a compra do produto local ao mostrar a profesionalidade dos praceiros e praceiras.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.