A CIG denuncia fraude no desmantelamento de Tegestacín

A CIG informa que a empresa Tegestacín na súa factoría de Outeiro de Rei ven de retomar a súa fraude co desmantelamento das instalacións

Durante o mes de Abril dende a CIG denunciamos publicamente a situación de inicio no desgüace das instalacións o que tivo como consecuencia a paralización da mesma ó que se sumou o interese dun posible comprador.

Sen embargo, o avanzado estado de desatención das instalacións, a retirada do material productivo conseguiu a perda de interese alomenos nesta fase. Lonxe de avanzar no procedemento concursal a empresa ven de retomar nesta semán o desmontaxe da maquinaria nas instalacións coa idea da venta completa a empresas de chatarra e sen garantías de repercutir os importes da operacións sobre as débedas actuais.

Por este motivo dende a CIG e con persoal afectado polos impagos dos salarios e indemnizacións pendentes, instarase querela criminal por insolvencia punible, posto que hai evidencias suficientes do delito que están a perpetrar os actuais administradores desta empresa. Do mesmo xeito, nesta mañá realizouse denuncia no posto da demarcación correspondente da Garda Civil diante da actuación de persoal alleo á empresa nas instalacións no que está a supoñer unha clara operación en ‘B’ desta empresa.

Dende a CIG instamos a que dende a fiscalía se tomen medidas contra a situación impunidade e descaro coa que están actuando as persoas con responsabilidade neste entramado de empresas, pois en consecuencia estarase actuando a prol dunhas mellores garantías para as persoas acredoras, entre outros, o persoal despedido.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.