A CIG denuncia que a Alcaldesa de Monterroso pecha a Vivenda Comunitaria con opacidade e alevosía

Desde a CIG Lugo – A Mariña queremos denunciar que hoxe o Goberno do Concello de Monterroso, presidido por Rocío Seijas, comunicou ás traballadoras da vivenda comunitaria o despido das mesmas con efecto desde o día de mañá 31 de maio

Esta situación supón tamén o peche, a priori temporal, do servizo, e o mesmo prodúcese de forma absolutamente opaca e con alevosía, posto que a pesar de que desde o Concello levan desde hai tempo procurando o desmantelamento do servizo, mais sen informar ao respecto  ás traballadoras do servizo

Para a CIG o motivo real do peche do servizo é desfacerse das traballadoras, as cales tiñan presentado nos últimos anos, varias denuncias por recoñecemento de categoría profesional  e reclamando a súa condición de Persoal laboral indefinido.

A mala fé da actuación do goberno municipal demostrase coa conducta escapista mantida nos últimos meses onde non ten repostado ao Comité de Empresa a respecto da situación do servizo e das traballadoras, e cando ten publicamente en resposta ás denuncias públicas da CIG teñen negado o peche do servizo.

Un comentario

  • Soledad

    Como siempre, a la altura del betun quedan ustedes intentando manipular y desinformar a los vecinos de Monterroso, pero no somos tan manipulables como ustedes piensan. No conocen el motivo del cierre, verdad????. No se autodenominen periodistas, por favor. Por respeto a la profesión.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.