A Comunidade do Monte Veciñal en Man Común de Vila Cova, en Lousame, súmase ás Brigadas Deseucaliptizadoras

As Brigadas Deseucaliptizadoras axudarán a esta Comunidade de Montes a ampliar o traballo e o esforzo de deseucaliptizar o seu territorio

As Brigadas Deseucaliptizadoras amplían cunha nova comunidade de montes os territorios nos que realiza o traballo de deseucaliptización e desacaciación procurando eliminar as especies exóticas e invasores naqueles lugares onde existen terreos de entidades que queren acabar con estas especies e contribuír a recuperar o bosque autóctono.

En 2021 as Brigadas realizaron 16 intervencións en 7 lugares propiedade de comunidades de montes e asociacións veciñais. No que vai de 2022 xa se leva intervido en 7 localidades con 11 accións.

Esta comunidade do Monte Veciñal de Vila Cova, en Lousame, é o último territorio que se incorpora ás Brigadas Deseucaliptizadoras. Os e as Brigadistas colaborarán con esta entidade nunha zona de varias hectáreas que foi deseucaliptizada pola comunidades. Nesta ocasión as Brigadas contribuirán a eliminar rebrotes de eucalipto para posteriormente, no inverno, reforestar a zona con árbores autóctonas.

A roga comezará ás 09:30 da mañá e terá como punto de encontro o Campo de Fútbol de Vila Cova. Para participar é necesario estar inscrito como Brigadista e terse anotado previamente para a realización da actividade en https://verdegaia.org/brigadas/como-participar

As Brigadas Desucaliptizadoras son unha iniciativa da Asociación Ecoloxista Verdegaia que teñen como obxectivo mobilizar, organizar e coordenar persoas de todo o País con vontade de botarse ao monte para realizar accións de voluntariado ambiental en colaboración coas titulares de terreos con valores ambientais degradados ou ameazados pola eucaliptización e outras especies exóticas invasoras. Mediante a erradicación destas especies e a súa substitución por outras autóctonas de alto valor ecosistémico. As accións das Brigadas teñen como obxectivo que as zonas intervidas non volten a ser pasto do lume e que sirvan como zonas protectoras, actuando como cortalumes verdes e corredores de biodiversidade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.