A Federación Galega de Piragüismo (FGP) organizou esta semana unhas xornadas de tecnificación

A Federación Galega de Piragüismo (FGP) organizou esta semana unhas xornadas de tecnificación no formato de concentración para un total de 15 deportistas ourensans. Que se enmarca dentro do programa específico de tecnificación e seguimento destes deportistas que ven desenrolando por toda Galicia a FGP nesta tempada, a fin de supervisar e contribuír a unha boa evolución competitiva dos padexeiros destas idades.

Estas xornadas tiveron lugar no embalse das Conchas no complexo turistico-deportivo O Corgo de Muiños, e leváronse a cabo co patrocinio da Deputación de Ourense e a colaboración do Concello de Muiños, sen cuxa axuda e colaboración, destas dúas entidades, non se podería haber levado a cabo estas xornadas de tecnificación.

Na mesma participaron 7 nenos e 8 nenas ourensáns de todos os clubs da provincia, de idades comprendidas entre os 13 e 15 anos, no grupo que a FGP denomina “Novas Promesas”, que estiveron acompañados por 3 adestradores da FGP.

Destacar que foi a FGP quen solicitou expresamente esta ubicación no Concello de Muiños, xa que nesa lamina de auga se estan a celebrar os campionatos galegos de de novas promesas.

Estas xornadas de tecnificación celebráronse baixo o protocolo federativo que se aplica en todas as competicións de piragüismo en Galicia, onde se extreman as medidas hixienico-sanitarias

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.