“A Forza dunha lingua”, a Orquestra Kv2211 rende homenaxe a figura de Florencio Delgado Gurriarán

Sábado 14 de maio ás 19 horas no Centro Cultural Helios de Bembrive. Entrada de balde ata completar aforo

A Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo, Kv2211, rende homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán, escritor, poeta e editor a quen se lle adica o Día das Letras Galegas 2022. E o fai cun concerto titulado “A Forza dunha lingua” o vindeiro sábado 14 de maio ás 19 horas no Centro Cultural Helios de Bembrive, grazas ao apoio e a colaboración do Concello de Vigo.

No concerto, actuarán as dúas formacións da Kv2211 así como o Ensemble Kv2211 nesta ocasión formado por sete violonchelos que interpretarán unha obra de Debussy. Actuará a Orquestra Xuvenil dirixida por José Manuel Fernández con obras de Telemman e Elgar e a continuación o Ensemble e a Orquestra Infantil, dirixida por Raquel Fernández e formada polos más pequenos, nenos e nenas de entre 8 e 14 anos de idade.

“A Forza dunha lingua” quere resaltar a figura personal e a artística de Florencio Delgado Gurriarán grazas a participación de Sofía Davila Davila na elaboración dos textos literarios e de Raquel e Violeta González Davila na narración dos mesmos.

“A Forza dunha lingua” é un dos concertos incluidos na programación da Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo Kv2211 do ano 2022 que conta co apoio e colaboración do Concello de Vigo.

O concerto é gratuito ata o límite de aforo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *