A Marea Cidadá denuncia a situación da Unidade de Saúde Mental en Noia

A Marea Cidadá de Noia advirte de que a falta de persoal na Unidade de Saúde Mental pon en perigo a situación de moitas persoas vulnerables, que xa están a ver agravados os seus problemas.
De acordo ca información aportada pola formación local, a falta de persoal psiquiátrico nos servizos sanitarios da Vila estaría dificultando a intervención en un momento especialmente delicado. Trátase dun servizo cada vez máis demandado, con persoal claramente insuficiente para dar resposta a esta demanda.
Segundo indican dende a Marea, tan só no último mes foron decenas as persoas que se queixaron da actual situación, denunciando as diferentes formas nas que esta seria carencia afecta gravemente as súas vidas.
Dende a Marea entenden que estas situacións de desamparo, malestar e en moitos casos angustia derívanse claramente de falta de persoal e de coordinación na Unidade de Saúde Mental, así como da falta de recursos públicos dedicados a apoiar iniciativas e asociacións orientadas ao coidado e a promoción da saúde mental.

Foto portada. Páxinas Galegas

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.