A Marea denuncia que os nenos e nenas de Noia están agardando ata 10 días para unha cita en pediatría

O grupo municipal da Marea Cidadá de Noia recolleu as queixas de varias familias que se queixan da longa lista de agarda na atención primaria no servizo de pediatría de Noia

Dende a Marea destacan que estamos ante unha situación moi delicada, e que “presumiblemente se vai a repetir a falta de medios do pasado verán, é dicir, en un ano a Xunta de Galicia non fixo absolutamente nada en reverter a situación”. “É obvio que unha consulta na atención primaria en pediatría non pode tardar tanto tempo”.

Destacan que “a sanidade en Noia atópase nun caos organizativo en canto á xestión de persoal”. Indican que “non podemos seguir permitindo esta situación, a cidadanía de Noia precisa de servizos públicos de calidade”.

Anuncian que, nos vindeiros días, comezarán unha campaña de recollida de sinaturas pola vila para tratar unha Iniciativa Non de Lei no Parlamento Galego, co obxecto de que se revise a xestión que está a facer a Consellería de Sanidade no Concello de Noia. “Temos que trasladar á rúa estas reivindicacións e poñerlle punto e final”.

Critican a política de silencio do Alcalde, “non se preocupa polo que pasa, sabemos que a veciñanza lle transmite a situación e non fai ningunha xestión para que esta situación mellore, debe ter ir ao centro de saúde de Lousame”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.