A UMAR desplázase a Ourol para esixir a cobertura continuada do único facultativo do Concello, de baixa hai un mes.

O dispositivo móbil colocarase no centro de saúde o xoves 19 de maio de 11 a 13 horas

A Plataforma Sanitaria da Mariña anuncia que a  Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións (UMAR) desplazarase ao centro de saúde de Ourol o vindeiro xoves 19 de maio no seu horario habitual, de 11 a 13 horas, en resposta á grave situación pola que está a pasar  desde que o único facultativo que atendía aos mil habitantes dese concello colleu unha baixa, substituída únicamente dous días á semana desde hai máis dun mes.

A decisión por parte do Sergas de deixar a este concello, cunha poboación mui envellecida e enormemente dispersa , con presencia de facultativo de familia solamente dous días á semana, sume a Ourol no máis profundo dos abandonos por parte da administración sanitaria. Segundo comenta Montse Porteiro, coordinadora da Plataforma Sanitaria,” o goberno da Xunta cada vez alonxa máis os servizos sanitarios da poboación  sen importarlle o máis mínimo o sufrimento e desprotección na que deixan a persoas tan vulnerables.

Desde este colectivo animamos ás veciñas e veciños de Ourol a  que se acheguen ata o centro de saúde o próximo xoves para  facer efectiva a súa reclamación para esixir a presencia de médic@ todos os días, e lembramos tamén que as persoas que teñan algunha reclamación individual “ poden igualmente achegarse e redactarémoslla” – conclúen @s activistas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.