A Xunta achega a Burela a unidade móbil de información para refuxiados ucraínos

A unidade móbil de información para refuxiados ucraínos impulsada pola Xunta de Galicia recala mañá en Burela, onde permanecerá os días 16, 18, 19 e 20 de maio

En concreto, estará emprazada na rúa do Porto, preto da base de salvamento marítimo da Cruz Vermella. Esta unidade conta cunha intérprete e unha traballadora social que ofrecerán asesoramento sobre todos os trámites que debe facer a poboación refuxiada e os servizos que teñen á súa disposición, en horario de 09,00 a 14,00 horas.

Entre outras cuestións, informará sobre como obter a documentación sanitaria que lles permita acceder ao sistema público de saúde, como escolarizar aos seus fillos, como beneficiarse dunha das 1400 prazas de acollida que Galicia puxo a disposición do Goberno central e como acceder a cursos de formación en competencias lingüísticas para facilitar a súa inserción no emprego.

O Goberno galego, coa colaboración da Cruz Vermella, puxo en marcha esta iniciativa para atender ás persoas que chegaron á nosa Comunidade fuxindo da guerra en Ucraína. Ademais, creouse a páxina web ucraina.cruzvermella.gal, onde se pode consultar información e a localización actualizada desta oficina itinerante. Tamén se pode chamar ao teléfono e whatsapp 604 044 018.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.