Abren expediente reposición da LEGALIDADE na mina de Touro, pleno

O pleno, convocado a instancia do Movemento Veciñal de Touro, celebrarase o martes día 31 ás 13:30 na casa de cultura. O pleno é público e de asistencia libre.

TEN, a empresa que opera nos terreos da antiga mina de Touro con lodos de depuradora e outros residuos, ten aberto expediente de reposición da legalidade urbanística pola falla de licenzas nas súas instalacións. Este expediente foille aberto o pasado mes de marzo a raíz das inspeccións urbanísticas derivadas do pleno extraordinario celebrado no pasado mes de novembro.
Ante esta situación, e conforme á Lei do Solo, o Concello de Touro (o Alcalde que é no que recaen as competencias) debera ordenar o cese da actividade nas instalacións en situación de ilegalidade urbanística. Sen embargo o Alcalde Ignacio Codesido trata de esquivar a Lei ao non notificar o cese da actividade, situación que a empresa aproveita para seguir funcionando con normalidade cas consecuentes molestias que causa á veciñanza.
Este é o primeiro expediente de legalidade urbanística que se lle abre a TEN, a pesares de que a  actividade á marxe da lei por esta empresa vén de vello xa que mesmo chegou a operar dende os inicios no 2005 ata o ano 2011 sen a obrigatoria licenza municipal de obras e actividade; e fíxoo sen impedimento da Administración Local presidida polo popular Ignacio Codesido  a pesares das numerosas queixas veciñais e denuncias públicas durante todos estes anos.
Tratamientos Ecológicos del Noroeste (TEN) converteuse así no maior xestor de lodos e residuos de depuradora de Galicia, con consecuencia de cheiros pestilentes e afección á calidade do medio ambiente. Esta afección causa molestias á veciñanza na súa vida diaria e provoca a devaluación das súas vivendas nas áreas máis afectadas e na Fonte Díaz.
O Movemento Veciñal, principal partido da oposición, presentou varias propostas a debater no Pleno dirixidas a que o Concello (o Alcalde) cumpra coa lei para que TEN cumpra a lei a fin de que non se causen molestias á veciñanza, nin afeccións á saúde das persoas nin do medio

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.