Activo un incendio forestal en Camariñas

Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie provisional dunhas 20 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal activo arestora no concello coruñés de Camariñas, parroquia de Camelle.

O lume iniciouse ás 12,18 h. desta mañá e, segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie provisional dunhas 20 hectáreas. No seu control están a traballar 1 técnico, 4 axentes, 6 brigadas, 4 motobombas e 4 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.