Arroxo: “Agardamos que o novo presidente da Xunta retome os traballos da Tinería, mellorando a imaxe de Lugo como facemos desde o Goberno municipal”

O portavoz do BNG afirmou que «proxectos como a excavación dos fornos foron abandonados no ano 2009, coa chegada do PP ao goberno galego»

O portavoz do BNG no Concello de Lugo, Rubén Arroxo, reclamou ao novo presidente da Xunta de Galicia que retome as actuacións de rehabilitación do barrio da Tinería. Arroxo afirmou que «é preciso retomar o proxecto de rehabilitación deste barrio, despois de 12 anos de abandono do Partido Popular». O Tenente Alcalde afirmou que «mentres desde o Goberno de Lugo traballamos para mellorar a imaxe da cidade e da contorna da Muralla, a Xunta de Galiza continúa a deixar esta zona da cidade abandonada».

Rubén Arroxo lembrou que o proxecto impulsado polo BNG cando tivo responsabilidades no goberno galego fora merecente do Premio Dubai de Boas Prácticas outorgado polas Nacións Unidas. O citado premio valoraba a recuperación do patrimonio por unha iniciativa pública, a rehabilitación e rehabitación dun barrio á carón da Muralla de Lugo, porque posibilitaba a recuperación da actividade comercial e social do barrio, a creación de emprego así como o uso dos baixos, propiedade pública, para o emprendemento e mesmo usos institucionais, e a posta en valor do patrimonio arqueolóxico da zona.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.