Asunción Varela Ramilo recibiu a felicitación do Alcalde da Laracha polo seu 100 aniversario

No Concello hai nove mulleres e un home que superan o século de vida.

O pasado venres (20 de maio) a señora Asunción Varela Ramilo cumpriu os 100 anos de idade. O alcalde, José Manuel López Varela, felicitouna persoalmente e agasallouna cunha placa conmemorativa e un ramo de flores en nome da Corporación Municipal.

Asunción Varela é natural da Fraga (parroquia de Coiro), pero reside desde hai máis de medio século en As Torres de Cillobre, moi preto do núcleo urbano da capital municipal. O seu estado de saúde é envexable para a súa idade, tanto que a filla que reside con ela, Pura Verdía, afirma que fai dous paseos diarios ata A Laracha ela soa.

A señora Asunción ten cinco fillos, sete netos e nove bisnetos. Todos eles xuntáronse nun restaurante a pasada fin de semana para celebrar o seu aniversario, festa á que tamén acudiron o seu irmán Francisco, de 96 anos e residente na Coruña, e unha sobriña que veu expresamente desde Palma de Mallorca para felicitala.

No Concello da Laracha hai dez veciños con máis dun século de vida, dos cales nove son mulleres e un é varón.

Foto portada: O alcalde, José Manuel López Varela, xunto a Asunción Varela e a súa filla Pura Verdía na vivenda das Torres de Cillobre.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.