CCOO: Mañá día 13, manifestación na Coruña do sector de centros de chamadas

Partirá ás 11:30 do Obelisco da Coruña e rematará na praza de Mina.

—–

O persoal do sector dos centros de chamadas está convocado mañá venres a unha folga de 24 horas, convocada a nivel estatal por CCOO e UGT. O motivo é o bloqueo das negociacións do convenio por mor a actitude obstrucionista da patronal, pois non houbo avances nas negociacións nos últimos dous anos e medio.

A Federación de Servizos de CCOO denuncia que ao persoal do sector se lle conxela o soldo desde o ano 2019. É un persoal moi profesional e que non percibe ningunha compensación de gastos por teletraballar. Ademais, en moitas perciben o SMI, polo que padece de xeito especial o impacto da inflación.

As traballadoras e traballadores dos centros de chamadas son as persoas que están do outro lado do teléfono cando a cidadanía pide asistencia en sectores tan importantes como a banca, a enerxía, a sanidade ou as telecomunicacións e operan para empresas como Santander, Abanca, Inditex, Orange, R Cable, Vodafone, Natural, Iberdrola, Endesa, etc.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.