CCOO prosigue coas mobilizacións por un convenio digno para o Sector da Carpintaría da Coruña

Centos de Traballadores concentraronse diante da «Carpintería Ramón García» en Ordes, protestando polo bloqueo que manten na negociación do novo Convenio

Este pasado mércores, 25 de maio, fixo case un mes do comezo das mobilizacións pola defensa dun convenio digno para o sector da carpintaría e ebanistaría da provincia da Coruña, nas que xa se celebrou unha manifestación diante de Inditex (principal cliente das Empresas do Sector) na Coruña, e por outra banda, unha Concentracións no Grupo Malasa en Cerceda.

No día de onte a Concentración celebrouse diante doutra Empresa que forma parte da Mesa Negociadora do Novo Convenio, a cal ten gran parte de culpa no bloqueo existente na negociación por mostrar un claro rechazo as pretensións sociais de aplicar uns incrementos dígnos e o mantemento dunha cláusula de revisión salarial que garanta o poder adquisitivo das plantillas.

Cabe destacar a desidia da Patronal na mesa de negociación donde por agora non temos coñecemento de existir movemento algún de acercamento cara as propostas da parte social, a pesar de do mantemento das protestas diante das principais Empresas do sector cada quince días, e que as mesmas se prolongarán durante outro mes mais coas seguintes Concentracións programadas;ç

– 8 de xuño diante de CÁNDIDO HERMIDA, en Narón.

– 22 de xuño en SANTOS en Camporrapado, no concello de Boqueixón.

Os sindicatos que conformamos a Mesa Negociadora acordamos no día de hoxe manter durante a vindeira semana unha xuntanza na que se deliberará o incremento cualitativo e cuantitavo das movilizacións no sector en caso de que a Patronal se manteña na actual posición negacionista das melloras as que ten dereito as plantillas, as cales están soportando todo o peso da inflacción dos prezos acumulados durante o 2021 e que no 2022 siguen incrementandose, repercutindo nunha severa perda de poder adquisitivo das familias.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.