Charla coloquio sobre a Lei de Eutanasia e o Testamento Vital no Circo de Artesáns

O próximo 30 de maio, ás 20:00, no Circo de Artesáns de A Coruña, celebrarase unha charla coloquio sobre a lei de eutanasia e o testamento vital

A LORE (Lei Orgánica de Regulación da Eutanasia), do 24 de marzo de 2021, leva algo máis dun ano vixente.

Os obxectivos da charla coloquio son:

– informar sobre este novo dereito, a eutanasia, o seu procedemento e salientar a importancia do documento de instrucións previas (o chamado testamento vital).

– revisar a aplicación da mesma, posibles problemas no seu desenvolvemento.

Acto: Charla coloquio sobre a eutanasia e o testamento vital

Lugar: Circo de Artesáns, r/ San Andrés 36, A Coruña

Hora: 20:00

Relatores:

– Miguel Anxo García Álvarez, presidente da dmd Galicia (dereito a morrer dignamente-Galicia).

– Ramón Veras Castro, médico de familia e voceiro de SOS Sanidade Pública A Coruña.

Organizan: dmd Galicia e SOS Sanidade Pública Coruña

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.