Clo Plas lanza o seu primeiro traballo ‘bafi’ que estrearán en directo este sábado en Compostela

O grupo Clo Plas lanza o seu primeiro traballo ‘bafi’ que estrearán en directo este sábado, 14 de maio, en Compostela
Xiana Arias e Berio Molina presentan esta proposta experimental na que mesturan rap e pop de baixa fidelidade, de aí o seu nome: ‘bafi’. Clo Plas – nome que se pronuncia coma na última das referencias que veñen de publicar no seu bandcamp – publicaron en 2020 un dos temas que agora inclúen en ‘bafi’: Paxarín pin pin. Agora, a aquel Paxarín pin pin súmanse outras catro cancións atravesadas pola oralidade, as historias e a memoria da zona da Fonsagrada.

O disco está gravado e producido por Hevi no Laboratorio Soyuz, editado ao abeiro da Regueifa Plataforma 2.0 e forma parte do catálogo de distribución de Urdime.

Este sábado, Clo Plas actúan na Festa do 17 da Gentalha do Pichel nos concertos que se celebran a partir das 9 do serán.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.