Gonzalo Caparrós (Club Atila de Ourense) concentración e torneo internacional en Rumanía

O deportista do Club Atila de Ourense, que adestra as ordes de Jacobo Novoa Corzo, viaxará o torneo internacional de Rumanía, convocado pola selección nacional cadete de Loita Grecorromana, do 12 o 20 de Maio. Tan só acudirán dous deportistas dos 10 posibles a esta cita. Formará equipo con Pablo Sierra (AND) que competirá en -55 kg. Ambos serán os únicos representantes Españoles na loita Grecorromana en este torneo.
Esta é unha gran oportunidade, para que o talentoso deportista Ourensá, formado por Jacobo Novoa, poda amosar todo o seu potencial, con esta histórica convocatoria coa selección nacional. Gonzalo é o deportista de Loita Grecorromana con maior proxección internacional.
Gonzalo Caparrós (65 kg Loita Grecorromana), ven de colgarse a medalla de prata no Torneo Internacional Jóvenes Promesas celebrado en LA Nucia (Alicante) o pasado mes de Abril e posteriormente completou unha semana de concentración internacional no CTD Infanta Cristina de Los Alcázares (Murcia), gañando tanto no torneo como nas probas de selección o actual campión de España do peso superior (70 kg).