Continúa o ciclo de actividades Xadrez para Todas

Nas actividades participan máis de 1.000 nenas e nenos de 13 centros de ensino de Lugo

O Goberno de Lugo e a asociación cultural Xaquedrum continúan co ciclo de promoción do xadrez «Xadrez para todas», cun novo torneo escolar e de partidas rápidas. Estas actividades nacen co obxectivo de «espertar a curiosidade e o interese polo xadrez, achegando ás familias sobre as vantaxes que a súa práctica representa sobre a dimensión educativa», explicou Felipe Rivas.

A programación do ciclo pretende achegar o xadrez ás e aos escolares lucenses. O programa lévase a cabo no horario lectivo e vai dirixido especialmente aos alumnos de primaria. Todos os centros públicos da cidade están participando nas actividades, o que fai que máis de 1.000 nenas e nenos estén a aprender xadrez no seu centro de ensino.

A metodoloxía dos cursos é participativa e onde o alumno vai  aprendendo xogando e vendo os resultados dá  súa  aprendizaxe. As sesións comezan cunha breve explicación e as e os estudantes, posteriormente poñen en práctica os coñecementos achegados xogando diferentes posicións cos seus compañeiros.

Felipe Rivas destacou «o grande interese que está a achegar o xadrez na poboación», e engadiu «a práctica do xadrez supón un magnífico instrumento para adquirir unha maior axilidade mental e unha serie de habilidades sociais tales como a capacidade de concentración e de síntese, ademais de mellorar a memoria, o cálculo, a toma de decisións ou a creatividade».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.