“Contos arredor do lume”, con Alba Grande, este sábado na Casa-Museo Manuel María para público familiar

A actriz, titiriteira e contadora ourensá, Alba Grande, levará a cabo este sábado, 21 de maio, ás 17 horas, na Casa-Museo Manuel María, unha función de narración oral, Contos arredor do lume, dirixida para público familiar a partir de 5 anos

Serán catro contos de tradicións populares que nos falarán de lumes grandes e pequenos, de fragas e paxaros e de cobras e mulleres. Un espectáculo que inclúe o son dun pandeiro redondo tradicional, coplas populares cantadas e escenas de títeres creados con obxectos.

Un fermoso alegato sobre o coidado da nosa contorna a través Vasalisa e Baba Iagá, A paporroiba valente que loitou contra o lume que incendiaba a fraga, A paxariña que trouxo o lume á humanidade e O rato e a rateira.

É necesario facer reserva (billete 2 euros) en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou a través do whatsapp 698177621

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.