Dous grandes proxectos industriais para o polígono de Monte Faquiña

A Comunidade de Montes de Tameiga atrae dous grandes proxectos empresariais para o parque industrial de Monte Faquiña. Ambos, aparellados de importantes inversións, xerarán postos de traballo

A Comunidade de Montes de Tameiga anuncia a formalización de dous contratos de aluguer con dúas importantes empresas da comarca de Vigo. Dous proxectos empresariais que realizarán fortes inversións e crearán postos de traballo. Por unha banda, Galitruck e o grupo Martínez Rosa, empresas adicadas ao almacenamento e loxística,   instalaranse nunha parcela 6.615 m2 que conta xa cunha nave industrial de 1.747 m2 con capacidade para desenvolver a actividade destas empresas. Así, 36 traballadores van ocupar a amplia zona de oficinas da que está dotada o edificio.

«No polígono de Monte Faquiña imos centralizar a nosa  actividade que se atopaba dispersa entre Vigo e Porriño. Escollimos este poligono polas súas boas condicións e a súa situación estratéxica» afirma Fernando Sanmartín administrador de ambas empresas.

A outra empresa que se traslada a Monte Faquiña é Baygar. Esta coñecida empresa adicada á venta e aluguer de maquinaria para a construcción concentrará gran parte da súa actividade nunha das parcelas centrais do polígono na que edificará unha nave industrial de 2.000 m2 para desenvolver a súa actividade. Un proxecto empresarial conleva importantes inversións e a creación de postos de traballo.

«Había máis peticións para instalarse no noso polígono, pero buscamos empresas que non impliquen unha perda da calidade de vida da veciñanza porque xeren excesivo tráfico pesado ou contaminación. Estas dúas novas empresas, ademais de crear postos de traballo, pagarán impostos en Mos e aliviarán as maltreitas contas do noso concello» explica César Lago, presidente da Comunidade de Montes de Tameiga.

A Comunidade de Montes de Tameiga continúa recollendo as propostas do «Comité Consultivo de Monte Faquiña» e traballando para levalas a cabo. O comité consultivo está formado por representantes das empresas aloxadas no polígono, da veciñanza de Tameiga e das administracións local e provincial e ten como obxectivo recoller as propostas para mellorar o polígono e adecualo ás necesidades das empresas usuarias sen prexuízo da calidade de vida da veciñanza colindante.

Desde a Comunidade de montes resaltan o seu propósito de xestionar óptimamente polígono de Monte Faquiña, xa que o recaudado se inviste en obra social e cultural na parroquia de Tameiga e redunda na veciñanza.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.