Efrén Castro felicita ao Breogán “por unha temporada histórica” na festa final coa afección na Praza de Santa María

O deputado de Deportes, Efrén Castro, participou na festa final de temporada do CB Breogán, que reuniu na Praza de Santa María, en Lugo, centos de seareiros e seareiras celestes

Os xogadores e os técnicos foron as estrelas do evento, que tivo como cimeira a entrega do MVP da temporada a Dzanan Musa.

Efrén Castro deu aos xogadores e ao club «os parabèns por unha temporada histórica» e valorou «a gran comunión entre o equipo e a afección como unha das claves dos logros deportivos acadados, moi poucas veces vividos por un club recén ascendido e humilde como o Breogán», ademais de certificar a continuidade do apoio da Vicepresidencia á entidade.

A área de Deportes mantèn co Breogán un contrato de patrocinio, que vincula o apoio económico á participación do club na promoción do deporte, en iniciativas desenvolvidas polo asociacionismo do ámbito social e na difusión do patrimonio natural e cultural da provincia.

Foto portada: (arquivo)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.