Ernesto Iglesias Almeida presenta en Tui o seu novo libro “Dicionario de palabras galegas antigas”

Será hoxe ás 20 h na Biblioteca Municipal dentro da programación de “Tui en Letras”

Este xoves ás 20 h a Biblioteca Municipal de Tui acollerá a presentación do novo libro do investigador tudense Ernesto Iglesias Almeida, cronista oficial da cidade, titulado “Dicionario de palabras galegas antigas, moitas delas en desuso, tomadas de documentos medievais”.

No acto contarase coa presenza do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e do historiador Xosé Manuel Suárez, xunto ao propio autor.

Nesta obra o cronista oficial tudense recolle ata 481 palabras tomadas dos documentos, principalmente de época medieval, que enriquecen o coñecemento do noso pasado e moi especialmente da nosa lingua, e que son deste xeito rescatadas e conservadas. Como sinala Xosé Manuel Suárez no limiar desta obra: Ernesto Iglesias “ven darnos unha potente achega documental; realizada coa pericia, a paciencia e a persistencia do ourive, traballando ouro en filigrana”.

Este novo libro de Ernesto Iglesias completa a súa inxente achega á historia da cidade de Tui e ao territorio tudense ao que ten dedicado máis dunha vintena de libros e innumerables artigos de investigación en revistas especializadas e divulgativas.

Esta actividades forma parte do programa, que baixo a denominación “Tui en letras”, promove o Concello tudense para a dinamización cultural e lingüística ao longo dos meses de maio e xuño, coa colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.